Páginas

quarta-feira, novembro 22, 2006

PSOE POLO ISOLAMENTO DA GALIZA A RESPEITO DA EUROPA


Segundo informa LA Voz, o PsoE não está pola laboura de facilitar a nossa conexão com paises do nosso entorno europeu mais próximo coma às irmãs Asturies e Cantábria e EH e França, porta da entrada na Europa mais dinámica eocnomicamente falando.

Querem-nos fechar e ailhar. Os nacionalistas soberanistas queremos abrir Galiza para o mundo.

A iniciativa do PP não é negaticva, embora o AVE deve ser complementado com a conexão por estrada e a melhora das comunuicações internas na Galiza que permitam uma comunicação rápida desde as Rias Baixas ao norte de Lugo.

Reproduzimos a nova publicada na web de dito jornal:

"INFRAESTRUTURAS
O PSOE tomba unha iniciativa para impulsar o AVE do Cantábrico
A comisión de Fomento do Congreso rexeitou a petición do PP para priorizar o corredor

Os populares entenden que «estanse pondo escusas» para non executar o proxecto

O PPdeG acusa a Touriño de «faltar á verdade» sobre o inicio das obras en Lubián-Ourense
A comisión de Fomento do Congreso rexeitou onte unha proposición non de lei presentada polo PP na que se instaba ao Goberno a efectuar, con carácter prioritario, o AVE do Cantábrico, que enlazaría Ferrol e Bilbao e vertebraría as comunidades cantábricas a través da alta velocidade ferroviaria. A execución «rápida e decidida» deste proxecto de infraestruturas, incluído dentro do Plan Galicia, é -para os populares- «fundamental como garantía de dinamización e desenvolvemento económico para Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco».

A proposta do PP, que pretendía acelerar os trámites para que o AVE do Cantábrico estivese en servizo no prazo comprometido (2012-2014), foi rexeitada por 20 votos en contra (PSOE, ERC e EU) e a abstención de BNG e CIU. Para Joaquín Martínez Sieso, encargado de defender a proposición, a votación deixa claro que «o Goberno négase a construír o AVE entre Ferrol e Bilbao, o que supón un agravio inaceptable para galegos, asturianos, cántabros e vascos».

Incumprimentos

Martínez Sieso xustificou a proposta do seu grupo con «as numerosas informacións contraditorias emanadas do Ministerio de Fomento nos últimos meses», e os indicios de incumprimento do compromiso sobre esta infraestrutura, «que está xerando inquietude nas comunidades afectadas».

Pola súa banda, BNG e PSOE presentaron emendas á proposición do PP, que non foron aceptadas polo Grupo Popular, alegando que «rebaixaban substancialmente o contido da moción aprobada por unanimidade o 22 de xuño do 2004», na que os grupos do Congreso fixaron o 2012-2014 como prazo para a finalización das obras do AVE do Cantábrico, o mesmo horizonte temporal que se marcou no programa de investimentos do Plan Galicia.

O deputado socialista Antón Louro afirmou onte que o Ministerio de Fomento estaba traballando no Plan Sectorial Ferroviario «a bo ritmo e con obxectivos», e cargou contra a proposta popular dicindo que «non ten razón nin fundamento», mentres que si o tería, apuntou, preguntar ao Goberno sobre as obras que se están levando a cabo neste momento.

O BNG, pola súa banda, defendeu na súa emenda que as obras comezasen no 2008 e que se aclarase nun prazo de seis meses a viabilidade do corredor de alta velocidade e a súa eventual compatibilidade co actual trazado de Feve.

O nacionalista Francisco Rodríguez, pola súa banda, apuntou tamén que ao seu grupo preocupábanlle máis a marcha do eixo atlántico e o tramo Ponferrada-Monforte, aos que se referiu como «prioritarios».

Polo que respecta ao ferrocarril convencional, o que si aprobou onte a comisión de Fomento do Congreso foi unha proposta do BNG para mellorar o funcionamento dos servizos de Feve en Galicia
."

Sem comentários: